Coñecer GaliciaPatrimonio

Olimpíada Xeográfica

O pasado 9 de marzo, catro alumnos de 2º Bacharelato do noso centro participaron, xunto con representantes doutros centros de Galicia, na IV Olimpíada Xeográfica da Galiza que se realizou na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. Completaron a súa participación na Olimpíada coa visita a distintos lugares emblemáticos desta Facultade como a Biblioteca, o Paraninfo ou os tellados, onde apreciaron magníficas vistas da cidade compostelá. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Etiquetas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Procurar tamén

Close
Close
Close