Coñecer GaliciaPatrimonioVisitas

Coñecendo Galicia: Roteiro Currosiano

O 5 de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou unha nova viaxe dentro do seu proxecto COÑECENDO GALICIA. Nesta ocasión o alumnado de 3º ESO desprazouse ata Celanova para realizar un roteiro literario e artístico organizado pola Fundación Curros Enríquez. Foron moitos e moi interesantes os lugares visitados como A casa dos Poetas, casa natal de Curros Enríquez ; o Mosteiro de San Rosendo , do que nos impresionaron os altares de folla de ouro, a sacristía, o coro, o órgano…; a Capela de San Miguel, unha fermosa e pequena capela mozárabe construída no século X ; a cela na que o poeta Celso Emilio Ferreiro escribiu o coñecido poema “ Longa noite de pedra”; a espléndida biblioteca do IES de Celanova; ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitamos a Torre da Homenaxe e a Cova de San Vivián. Paula, a guía que nos acompañou en todo momento, foi quen fixo posible que esta experiencia fose tan interesante e didáctica para todos nós.

Etiquetas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Procurar tamén

Close
Close
Close