Ciencia

O primeiro bebé con tres pais xenéticos

Hai seis meses produciuse o que posiblemente sexa o movemento máis estraño da historia, trátase do nacemento dun bebé de tres pais  que foi enxendrado coa técnica da reproducción asistida. Utilizouse o ADN do seu pai, da súa nai e unha pequena cantidade de código xenético dunha doante. A causa de que se recorrese a esta técnica foi unha enfermidade rara do sistema nervioso da súa nai,  a cal lle fixo perder dous fillos anteriormente.

O proceso consiste en fertilizar un óvulo da nai e outro da doante con espermatozoides do pai, despois o núcleo dos embrións retíranse e só se conserva o creado polos pais. Ese núcleo introdúcese no embrión da doante, logo o outro embrión resultante colócase no útero da nai.

Sem título

Debido ás crenzas relixiosas da parella usouse outra técnica, para que non se destruisen os demais embrións. Entón, o bebé que naza con esta técnica estará libre da enfermidade.

A Cámara dos Comúns británica aprobou en Febreiro unha lexislación que utilizaba esta técnica para poder axudar a parellas que perden os seus fillos por enfermidades mitrocondriais.

Na nosa opinión realizar un experimento para que naza un embrión san debería estar permitido en todos os países, aínda que se necesite o ADN de tres persoas e non só de dúas. Non estamos de acordo en que só estea permitido realizalo cando os proxenitores teñan enfermidades, tamén estaría ben cando un dos pais non sexa fértil. Ademais pensamos que este proceso  debería ser visto como algo normal e que non se  sorprendese a xente cada vez que hai un novo caso , nin que lle pareza mal a ninguén polo feito de que sexan tres pais; xa que grazas a isto pódese crear unha vida nova e sa.

Etiquetas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Close