OpiniónSociedade

Industria pornográfica: machismo, diñeiro e poucas palabras

Valeria GómezPor Valeria Gómez Vázquez, 4º B. O porno existe, é algo que todos e todas coñecemos aínda que non o vexamos activamente. A ninguén lle gusta falar de este tema porque está mal visto pola sociedade o que nos leva a non saber nada sobre a industria en realidade. Canto cobra a túa actriz favorita? Contratan moitas veces menores ilegalmente? É seguro empezar a traballar alí? A única forma de sabelo é falar sobre o porno.
Un dos mitos máis populares é o salario que reciben os profesionais. Cando falamos de
beneficios podemos comprobar que os ingresos superan con diferenza outras industrias como pode ser o teatro ou o cine tal e como o coñecemos. As axencias explican que as
actrices, (excluíndo as súper estrelas) de media cobran entre uns 700 e uns 900 euros e que o factor que determina iso é o tipo de escena que se roda e o famosa que sexa a actriz en cuestión. Outro dato significativo é que, na maioría dos casos, as mulleres cobran máis cós homes, sendo esta a única industria onde se produce ese fenómeno.
En España, varias actrices populares falan sobre a industria de modo moderadamente
positivo, dicindo que son elas as que escollen este traballo de forma totalmente legal pero, ao mesmo tempo, critican a pouca voz que reciben, xa que estamos falando dun entretemento creado por e para homes.
Ultimamente os índices de porno para mulleres e o contido LGBT+ están subindo visitas e
facéndose un oco neste mundo, pero os vídeos “tradicionais” teñen o monopolio da
industria xerando unha cantidade elevada de diñeiro.
Algúns datos interesantes poden ser os seguintes:
España é un dos países máis afeccionados ao cine pornográfico do mundo estando na décima posición. Cando o español ou a española se pon ao choio, pasa unha media de 8 minutos e 4 segundos diante da pantalla. De acordo coas estatísticas, o consumo de porno concentrar na franxa horaria que vai das nove ás doce da noite e ás catro da tarde, a hora da sesta.
As procuras de vídeos eróticos en España realízanse nunha clave máis local con “spanish” e “teen” á cabeza. As que máis aumentaron con respecto ao ano anterior son “3D hentai” cun aumento do 639%; “maduras españolas”, cun incremento do 456% e “intercambio de parellas”, cunha suba dun 386%.
A pesar de que a industria pornográfica volveuse cada vez mais diversa no que respecta á creación de contidos, a nivel global, os homes (74%) representan unha abafadora maioría dos consumidores, fronte ao 24% das mulleres. Unha proporción moi similar a España, con porcentaxes de 26% e 74%, respectivamente. Falando de ideades dicimos que o 20% dos usuarios ten entre 19 e 24 anos, un 31% atópase na franxa de idade de 25 a 34 anos, un 24% entre os 35 e os 44, un 13% teñen entre 45 e 54 anos, un 10% entre 55 e 64 e un 4% teñen máis de 65 anos.
Por último, o ordenador continúa sendo o electrodoméstico favorito dos españois para ver porno. O 50% dos usuarios prefire esta modalidade fronte ao teléfono móbil (38%) e á tablet (11%). Ademais, trátase do único país do mundo en que o consumo de material erótico cae no teléfono móbil, cunha baixada do 8%, mentres que na maioría de países experimenta unha suba porcentual de dúas cifras.
Para concluír podemos dicir que a pornografía move tanto millóns de euros como millóns de persoas. Quen sabe, se cadra, a ti tamén te move.

Etiquetas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Procurar tamén

Close
Close
Close