Letras galegas

IX Edición da Carreira pola Lingua

O día 16 de maio celebramos a IX edición de “Bota unha Carreira pola Lingua” na que participaron todos os centros educativos do concello de Valga. Foi un día moi especial no que ademais da carreira fixémoslle unha homenaxe a Antonio Fraguas, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Ao finalizar a carreira , tivemos diversas actuacións por parte das nosas alumnas Isabel Catoira, Soralla e Carmen Varela e  Zelani Blanco que un ano máis non divertiron coa versión ao galego das súas cancións favoritas . Contamos tamén cun artista invitado A Banda de Balbina que contribuíu a que este día fose ademais de reivindicativo moi divertido. O acto foi presentado  pola alumna de 1º Bacharelato , Valeria Gómez. Agradecemos ao Concello de Valga e tamén  á Policía Municipal, voluntarios de Protección Civil e o GES a súa colaboración.
A carreira saíu do IES e  pasou por diversos lugares  do concello coma a Avenida Bella Otero, A Bouza, Outeiro, Senín, Sisto, O Carballiño, Baño e regreso ao punto de partida. Establecéronse dous percorridos, un máis curto para os rapaces de Primaria, e outro de case sete quilómetros para os maiores. Os primeiros clasificados nesta carreira foron: na categoría de alumnado de Primaria do CEIP de Baño e o CEP Xesús Ferro Couselo, a alumna Nerea Novo Romero e o alumno Roberto Pérez Cicón. Na categoría de alumnado do IES, resultaron vencedores Aroa García García e Adrián Touceda García. Por último, na categoría de maiores de 18 anos gañaron Mar Tejero e Daniel Loureiro. Parabéns aos gañadores e gañador as pero tamén a tódolos que participaron nesta inciativa en defensa e reivindicación da nosa lingua. 

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Close