Lecturas

A escritora Arantza Portabales clausura as actividades do Clube de Lectura

Arantza Portabales, vai ser a escritora convidada á última sesión do Clube de Lectura do IES de Valga, participando nesta quinta-feira, ás 16h30, nun encontro onde se vai comentar o seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que fora gañador do Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas. No mesmo evento vaise facer unha lembranza da poeta Sesé Mateo, vítima da violencia machista, coa lectura solidaria de No camiño do vento.

Arantza Portabales

Arantza Portabales (Donostia, 1973) é unha escritora galega filla de emigrantes no País Basco que regresou coa súa familia a Marín en 1985. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.

Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias onde que publica regularmente microfición. Con Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) foi tamén finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao castelán, ao italiano e ao hebreo. En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen).

Sesé Mateo

Nesta sesión, vaise realizar unha lectura solidaria de No camiño do vento, poemario escrito por Sesé Mateo. Esta autora Chapela (1965-2017), foi unha traballadora do social, feminista e poeta, asasinada pola súa parella nun crime de violencia de xénero. A recadación polas vendas deste libro, publicado postumamente, vai destinada para a Fundación Mujeres.

O Clube de Lectura

O Clube de lectura quere facer un convite especial a todas as persoas da zona interesadas nas súas actividades –mesmo sen teren relación directa co centro- para formaren parte del. A única condición é ter interese e gusto pola lectura. Portabales súmase é a última das autora convidadas durante este ano lectivo, sumándose a unha lista composta por Inma López Silva, Marcos Calveiro e Rosalía Rial.

Foto: La Voz de Galicia

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Procurar tamén

Close
Close
Close