SociedadeVisitas

Cooperativismo e igualdade

Asistimos á representación da obra de teatro 'Pementeiras'

O día 23 de novembro o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BAC. acudiu ao Auditorio de Valga para ver a obra de teatro Pementeiras da compañía Xoré Teatro. Con esta obra prenténdese potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino. A historia está contextualizada no traballo das pementeiras de Herbón ,aínda que se pode extrapolar ao resto de mulleres galegas que traballan en explotacións gandeiras e agrarias para axudarlles a recoñecer o seu labor e deste xeito conseguir que sexa máis valorado pola sociedade e por elas mesmas.

Pementeiras narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Polo outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada aos valores do patriarcado non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar. Durante o desenvolvemento da obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar como laboral.

A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega,

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Close