Lecturas

Onte tamén fomos malas ;)

Inma López Silva foi a convidada ao primeiro encontro do Clube de Lectura

As actividades do Clube de Lectura comezaron onte coa novela Aqueles días en que eramos malas, que narra as historias de tres presas e dunha funcionaria de prisións, e máis coa presenza da súa autora, Inma López Silva. E non podían ter comezado mellor, pois produciuse un intenso e marabilloso debate sobre a influencia do contexto social na conduta humana. Entrar no cárcere depende de poder pagar ou non unha boa avogad@? Nacer en determinados grupos sociais aumenta as posibilidades de alguén delinquir? Poden prexuízos morais xustificar condutas antisociais?

Todos estes asuntos tamén os recolleu a autora posteriormente na súa conta na Instagram:

Ao remate do encontro, foi presentado o libro de lectura para o próximo mes, que vai ser Cuatro por cuatro de Sara Mesa.

 

 

Etiquetas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Close